O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño

A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Breviario de Miranda.

Breviario de Miranda.

Para celebrar o Día Internacional dos Arquivos, a Catedral de Santiago organizou unha serie de xornadas que permiten explicar o traballo no arquivo catedralicio. As xornadas inclúen un roteiro explicativo polo Arquivo e a Biblioteca da catedral. Tamén se amosarán algúns dos grandes códices da catedral, como o Códice Calixtino, o Tumbo A -no que se recollen as relacións da catedral cos reis de Galicia e o Breviario de Miranda, un códice litúrxico de gran beleza do século XV. As xornadas realizaranse de luns a venres, de xeito gratuíto, e haberá un límite de quince persoas por grupo.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A propósito do códice

A propósito do códice

Unha exposición exhibe os documentos máis relevantes que garda a igrexa galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Códice Calixtino, Reis