O Códice Calixtino poderá visitarse en grupos reducidos

A Catedral de Santiago está a preparar un regulamento e a adaptar o Arquivo para as visitas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Ata agora o Códice Calixtino só podía ser visto por especialistas ou por convidados da Catedral, pero o novo Deán, Segundo Pérez, declarou onte a El Correo Gallego que se vai sistematizar o acceso turístico ao Códice. Dous días á semana, grupos reducidos de ata doce persoas poderán acceder ás dependencias do Arquivo para contemplar un manuscrito único. O plan de apertura aínda se está a ultimar e non hai data prevista aínda de inicio.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Códice Calixtino, Catedral, Catedral de Santiago, El Correo Gallego