Tres detidos polo roubo do Códice Calixtino

Trátase dun antigo electricista da catedral e a súa familia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Policía levaba meses seguíndoos e interceptando chamadas, pero non foi ata onte cando se practicou a detención do electricista Manuel Fernández Castiñeira, a súa muller e o seu fillo como supostos autores do roubo do Códice Calixtino da Catedral. A Policía efectou rexistros en varios domicilios vinculados á familia, en Negreira e no Grove, e nun deles localizou unha cantidade de diñeiro próxima ao millón de euros, moedas e obxectos artísticos vinculados á Catedral. O Códice Calixtino, sen embargo, segue sen aparecer e o acusado non confesa se cometeu o delito e a ubicación do manuscrito.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Códice Calixtino, Catedral, Moedas, Grove...