Desaparece o Códice Calixtino da Catedral de Santiago

Fontes do Cabido sinalan que o roubo puido producirse o domingo pola tarde

| Santiago. Redacción | Seccións: Calixtino
Compartir:

O Códice Calixtino, unha das xoias bibliográficas de Galicia, foi substraído da súa caixa forte nalgún momento entre o domingo pasado e o martes ás 20:00, cando responsables do Arquivo Catedralicio se decataron de que o códice non estaba na súa caixa forte. A última vez que se sacara dela fora hai dous meses, durante unha visita de técnicos do Ministerio de Cultura pero fontes do Cabido declararon a La Voz de Galicia que o roubo puido efectuarse o domingo pola tarde. A Policía está a traballar nestes momentos e é posible que hoxe o Cabido catedralicio faga algunha declaración pública.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Códice Calixtino, Catedral de Santiago, Ministerio de Cultura...