Unicamente o Deán e arquiveiro da Catedral, José MarÃa DÃaz, e mais dous colaboradores tiñan acceso á camara que albergaba o Códice Calixtino. DÃaz comparecÃa hoxe á unha da tarde en rolda de prensa para responder ás preguntas dos medios e asegurou que a Catedral sÃntese "vÃtima dun roubo e dunha tremenda ilegalidade", confirmando asà a sospeitas dunhas sustración desta obra. Ademais, recoñeceu que "quen levou o códice sabÃa o seu valor, como chegar a el e de qué se trataba". Segundo explicou, a cámara que albergaba o a obra desaparecida contiña tamén outras obras de importancia e era habitual o acceso a ela para llas proporcionar a diferentes investigadores, ainda que o Códice en si nunca saÃa da mesma. Esta foi a única peza que desapareceu deste espazo.
DÃaz apuntou que o libro desaparecido non conta cun seguro especÃfico, e sobre o seu valor sinalou unicamente que se propuxo unha póliza de mil millóns das antigas pesetas (algo máis de seis millóns de euros) nunha ocasión que se soliciou para un préstamo que non chegou a se concretar.
Segundo as declaracións dos dous arquiveiros con acceso á cámara, a última vez que hai constancia de a ter visto foi o xoves ou o venres da pasada semana, téndose verificado a súa desaparición este martes.
O Deán non apuntou ningún sospeitoso desta ausencia e evitou dar detalles concretos sobre as medidas de seguridade que rodeaban o libro e mais as circunstancias da súa falta.