Unha exposición repasa a historia da Galicia medieval a través de doce códices

É a primeira vez que se exhibirán de xeito conxunto manuscritos de valor histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:

O Codice Calixtino, O Tumbo A ou o Misal Auriense… así ata un total de doce códices orixinais conformarán unha exposición que se exhibirá na Cidade da Cultura. A mostra deseñouse en tempo récord, xa que segundo unha nota de prensa da Consellaría de Educación e Cultura as primeiras reunións tivéronse trala recuperacion do Códice o pasado 4 de xullo de 2012, e foi posible grazas á colaboración dese departamento coa Igrexa. De feito, un técnico medievalista do arquivo da Catedral de Santiago e técnicos da Cidade da Cultura formarán parte do comisariado, mentres que os arquiveiros das cinco catedrais conformarán o comité científico. A exposición estará aberta tres meses neste outono e será a primeira vez que se poderán exhibir ao público de xeito conxunto códices orixinais de gran valor, como o Códice Calixtino. Con ela, poderase coñecer a historia de Galicia dos séculos IX a XV.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A propósito do códice

A propósito do códice

Unha exposición exhibe os documentos máis relevantes que garda a igrexa galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Códice Calixtino, Educación, Historia de Galicia, Catedral...