A Catedral de Santiago recupera as súas pezas artísticas

Á actual exposición de tapices seguirá unha de pintura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Once tapices da colección do templo, canda ao gallardete que capitaneou a flota española na Batalla de Lepanto, poden verse estes días na Catedral de Santiago. Boa parte desta colección, composta por case medio cento de pezas someterase en breve a un proceso de restauración para garantir a súa conservación. Canda aos tapices, o Museo da Catedral, co apoio da Fundación Caixa Galicia, está a abordar a resturación de parte das sesenta pinturas que recuperou da sacristía, almacéns e outras estancias. As obras, datadas entre a Idade Media e o século XX, poderán verse nunha exposición o vindeiro ano 2010. Os traballos de recuperación están orzamentados en 40.000 euros e atópanse á agardar polo visto bo de Patrimonio ao proxecto.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Idade Media, Fundación Caixa Galicia...