Preséntanse os tapices de Goya da Catedral de Santiago logo da súa restauración

O Goya xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os doce tapices con escenas pintadas por Goya que se conservan na Catedral de Santiago están de novo á vista do público logo do proceso de restauración ao que foron sometidos nunha acción da entidade financeira BBVA. Os tapices forman parte dunha serie limitada que se realizou sobre uns cartóns pintados polo artista entre 1776 e 1780. O coengo Pedro Acuña e Malvar doou estas obras á catedral en 1814, e desde 1930 pódense ver no Museo Catedralício.

Máis información en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Xacobeo, Galicia Hoxe...