Diminúe o número de espectáculos musicais en vivo mentres se incrementa o público das artes escénicas

Menos vivos, menos cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Os galegos investiron 31.1 millóns de euros en 2005 en espectáculos de teatro, danza, lírica, música e cine, o que supón un gasto de 10,8 euros por persoa. Así o asegura o "Anuario SGAE 2006" que a Sociedade de Autores e Editores presentou onte en Compostela. De calquera xeito, este informe rexistra un descenso no número de actuacións musicais en vivo a respecto do ano anterior (que foi Xacobeo) e un incremento do 15% no gasto en artes escénicas. Ao tempo, o cinema sufriu un descenso de espectadores no noso país, ficando en 4,9 millóns fronte aos case seis do anterior período analizado.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e en La Opinión

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Artes Escénicas, Editores, Teatro...