“Isto pinteino polo ano 46. Xa non me lembro. Isaac DÃaz Pardo. Mea Culpa”. Deste xeito asinaba onte o veterano activista cultural e antigo pintor o mural que realizara hai case sesenta anos para o coruñés cine Goya. A Fundación RodrÃguez Iglesias, propietaria actual do inmoble, presentaba onte esta pintura logo dun proceso de recuperación de catro anos. A restauración fai parte das obras que a entidade está a facer no inmoble, onde a fundación vencellada a Hércules de Edicións agarda abrir antes de fin de ano a súa sede. Este espazo acollerá unha sala de arte con obras dos principais artistas galegos do século XX ademais de diferentes actividades culturais.
Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e en La Opinión