A programación da Fundación Caixa Galicia para A Coruña inclúe mostras de pintura e de escultura mentres leva o Prado a Compostela

O que gardará a Caixa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ademais da xa mencionada exposición de Diego Rivera coa que abrirá a súa sede coruñesa o vindeiro 23 de marzo, Caixa Galicia adiantou a programación deste centro para os vindeiros cinco meses. A mostra "10 anos, 10 artistas", achegará ao centro unha selección de obras da colección de arte da Fundación. Esculturas de Francisco Leiro, e a presentación dunha obra de Cristina Iglesias completan as propostas. Tamén é esta entidade quen acolle en Compostela a exposición "Del Greco a Goya", que organiza o Ministerio de Cultura e que achega á capital galega unha selección de retratos dos fondos do Museo do Prado.

Máis información en La Opinión e en Galicia Hoxe sobre a mostra do Prado

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, A Coruña, Francisco Leiro, La Opinión...