A Fundación Caixa Galicia presenta a sede da Coruña para converterse nunha referencia cultural

Unha onda cultural

A primeira cidade que Diego Rivera pisou cando saíu de México en 1907 foi A Coruña. Por iso, a mostra que inaugura esta tarde a Fundación Caixa Galicia ten un compoñente simbólico que se engade á propia mostra, que recupera un Diego muralista e moi influenciado por aquela viaxe iniciática por Europa. Pero a obra do coñecido pintor mexicano non vén soa, con ela chega a inauguración do edificio máis ambicioso da nutrida rede que ten a entidade financeira. Unha sede na que o arquitecto Grimshaw (Hover, Reino Unido, 1939) actualizou as galerías coruñesas no contexto marítimo do Orzán (o complexo recorda unha grande onda conxelada) nun edificio que amalgama aceiro, cristal e mármore branco nunha representación de curvas imposibles. Un centro destas características (unha fachada que se inclina 11 grados cara adiante, seis pisos de altura, e un auditorio baixo o nivel do mar) contará coa “dotación económica suficiente e necesaria”, en palabras do director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, para convertelo no centro de referencia cultural do noroeste peninsular.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión, Galicia Hoxe e sobre a exposición de Frida Khalo na nosa hemeroteca