A SGAE pon en Santiago a primeira pedra do seu centro cultural do noroeste

A primeira pedra

10/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
17 lecturas | Compartido 0 veces
Comezará a funcionar no 2007 pero agora só ten unha pedra. Trátase da delegación do noroeste peninsular da Sociedade Xeral de Autores e Editores (a SGAE) que se empraza na finca de Vista Alegre en Santiago. O centro converterase en edificio administrativo da entidade pero tamén contará cun espazo para intercambio cultural. Para atender á oferta formativa e lúdica coa que encherán este espazo, o edificio contará cun auditorio (con 240 butacas), aulas e un laboratorio con medios audiovisuais.

Máis información en La Opinión, El Correo Gallego e no web da SGAE


Universo culturagalega.gal

Contextos