O concello cédelle un terreo á SGAE para que constrúa un centro cultural aberto

O edificio dos autores

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Sociedade Xeral de Autores e de Editores (SGAE) construirá en Santiago un centro cultural. O primeiro paso deuse onte cando o concello de Santiago aprobou no pleno municipal cederlle un terreo de 3.900 metros cadrados da finca Simeón situada en Vista Alegre para que a entidade constrúa un centro de acción e promoción cultural aberto á cidade e que acolla a novas iniciativas artísticas. Concello e SGAE subscribirán en novembro un acordo polo que o edificio revertirá ao goberno municipal dentro de 60 anos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, Editores, Concello de Santiago, La Voz de Galicia