A SGAE premia institucións galegas nos seus premios aos autores

Os autores teñen noite

14/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Sociedade Xeral de Autores entrega este xoves no Hostal dos Reis Católicos os seus premios para recoñecer o traballo dos creadores como protagonistas da “identidade e patrimonio artístico”. A chamada como “Noite dos Autores” ten este ano un marcado acento galego. Inditex será galardoada no apartado de empresarios privados, mentres que no de institucións públicas o premio é compartido entre o IGAEM, a Universidade de Santiago e o Concello de Santiago, por converter a cidade nun referente cultural internacional pola súa “programación rica e diversa”. Polo demais, a inauguración da sede santiaguesa da SGAE terá que agardar, aínda que a entidade non quixo precisar ningunha data.

Máis información no web da SGAE

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, Reis Católicos, Identidade, Reis...