A finca Vista Alegre incrementa o seu proxecto cultural ao incluír o Museo de Historia Natural Luís Iglesias

O museo permitirá xuntar a colección que a USC ten espallada por varias sedes

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Sede da SGAE, Escola de Altos Estudios Musicais e, proximamente, do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (que leva o nome de Luís Iglesias). A Xunta acaba de dar luz verde para que este proxecto se constrúa no espazo da coñecida como Finca Simeón ou de Vista Alegre, na capital galega. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible estimou innecesaria a avaliación ambiental estratéxica, o que lle permite aforrar trámites administrativos. Agora, o procedemento pasa por modificar o proxecto de Cesar Portela, gañador do concurso do deseño preliminar do edificio, e licitar as obras. En canto aos prazos, a estimación é que o centro estará rematado en 2011. O complexo permitirá centralizar material que agora está espallado por diferentes estancias da Facultade de Químicas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, SGAE

Claves

Entidades