Familiarizarse coa ciencia e a tecnoloxÃa, descubrir a traxectoria dos cientÃficos galegos máis destacados dos séculos XIX e XX e contemplar unha das maiores coleccións privadas de Europa, formada por máis de 25.000 lotes e 250.000 exemplares de moluscos, son algúns dos contidos do Museo de Historia Natural “Luis Iglesias”. O centro, situado hoxe nos baixos da Facultade de QuÃmica, terá espazo propio a partir do próximo ano. As obras do edificio que se constrúe na finca Vista Alegre baixo o financiamento do Consorcio da Cidade de Santiago (por un importe de case 4 millóns de euros) están na fase final de execución. O centro, que abrirá as portas ao público no verán de 2011, estará xestionado pola Universidade de Santiago.
Distribución e contidos do museo.