Sen dúbida é unha das coleccións museográficas máis antigas do paÃs. O Museo de Historia Natural Luis Iglesias ten a súa orixe no curso 1840-41, cando se creou na Universidade de Santiago a Cátedra de Historia Natural e o seu primeiro titular, Antonio Casares, constituÃu un Gabinete recompilando material existente na Universidade, preparando proxectos propios e recibindo doazóns de particulares e profesores. As coleccións tiveron unha vida azarosa que agora volve a amosar con dignidade. Visitamos o novo museo.
HoxendÃa o Museo de Historia Natural Luis Iglesias é un fermoso edificio contemporáneo deseñado polo arquitecto César Portela e ubicado no interior da Finca Simeón. Finalmente abriu ao público despois de varias tentativas, cunha data inicial prevista para 2010. O percorrido das salas ou módulos (todo é un gran espazo aberto) é circular. O visitante vai coñecendo a xeoloxÃa e alternando o coñecemento dos ecosistemas de Galicia e doutras partes do mundo nas que traballaron investigadores da USC. Dioramas, vitrinas, animais naturalizados e outros elementos introducen ao usuario no coñecemento do medio.
“Tentamos ensinar o medio natural de forma atractiva”, asegura Mabel Fraga, a profesora da USC que é responsable do museo. “Aquà temos tres facetas. A primeira é que a sociedade en xeral disfrute aprendendo, a segunda é participar en actividades docentes e logo a máis importante, que é a que sostén este museo, son as coleccións”. Moitas coleccións son o resultado de proxectos de investigación e viaxes dos profesores. “Destaco a colección Rolland, con numerosos exemplares que se clasifican na Tipoteca. Esta tivo unha fundación relativamente recente, nos últimos quince anos””. A Tipoteca é empregada como colección de referencia para as novas especies locallizadas e pode xustificar o desprazamento dun investigador desde unha universidade recete.
Un guión previo
Mabel Fraga sinala que as salas só amosan unha mostra mÃnima das coleccións do museo e que están pensadas de acordo coa elaboración de guieiros didácticos (aÃnda non elaborados) pero orientados sen dúbida a escolas. Os dioramas, moi conseguidos, amosan a toda a fauna galega no seu ecosistema, ben sexa nas fragas ou nas praias, e permite ao visitante incursionarse na selva amazónica. O museo, á fin aberto, permite contemplar unha das coleccións museográficas máis antigas do paÃs.