César Portela presenta o proxecto do Museo de Historia Natural de Santiago

O edificio ten un custe de catro millóns e medio de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
César Portela presenta o proxecto do Museo de Historia Natural de Santiago

Despois dun trámite administrativo de índole urbanística, que mesmo obrigou a César Portela a modificar o deseño orixinal do edificio, o Museo de Historia Natural de Santiago xa ten forma. Custará preto de catro millóns e medio de euros e que serán asumidos polo Consorcio de Santiago. O edificio estará organizado en catro áreas autónomas: zooloxía, botánica, xeoloxía e colección de dioramas. Ademais, contará cun museo virtual e cunha biblioteca. O centro xestionarase a través da Universidade de Santiago que será a encargada de dotalo de contido. O museo incorporará unha das maiores coleccións privadas de Europa relacionadas co medio natural, formada por 25.000 lotes e 250.000 exemplares de moluscos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Portela, Consorcio de Santiago, Europa

Claves

Protagonistas
Lugares