"Foro participativo: un país coa súa lingua" é o título do proceso que reunirá seis mesas sectoriais abertas ao público nos vindeiros meses, co obxectivo de ofrecer medidas concretas, operativas e de posta en marcha inmediata na sociedade civil para atallar os preocupantes datos sobre a baixa relación da mocidade co uso e coñecemento do galego que amosou o recente informe do IGE. Esa é unha das grandes preocupacións deste foro, que pretende ser complementario con outros encontros convocados desde a Xunta de Galicia. Para iso o CCG convocará seis mesas con cadansúa temática, todas elas recollidas tanto no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) coma na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, presentou hoxe este proceso acompañada por pola vicepresidenta e coordinadora do Foro, Dolores Vilavedra e o observatorio da Cultura Galega, Hakan Casares. Tamén estiveron presentes algunhas das persoas que moderaran as mesas, a falta de coñecerse os convocados en cada unha delas.
O proceso comezará o vindeiro 27 de febreiro coa mesa "Educación e socialización", que moderará o profesor e tánico de normalización lingüística Nel Vidal. Un mes despois, o 20 de marzo será a Catedrática de Dereito Administrativo Alba Nogueira quen modere unha nova sesión denominada "Administración, xustiza e servicios públicos". Os sectores de "Sanidade, ciencia e servicios sociais" centrarán a seguinte mesa o 23 de abril, contado como moderadora coa xornalista Iolanda Casal. "Comunicación, cultura e acción exterior" son os ámbitos de enfoque da seguinte sesión o 27 d emaio e que moderará a xornalista Marta Veiga Izaguirre. O 25 de xuño terá lugar o quinto destes encontros, que baixo o título de "Economía, turismo e deporte" moderará o investigador en Experiencia Turística Jakson Renner Rodríguez Soares. Porase o peche a este proceso o 8 de xullo, coa mesa "Sociedade, crenzas e participación comunitaria", que contará coa filóloga Rosalía Fernández Rial. De cada unha das mesas espérase a redacción dun documento conclusivo e do conxunto do proceso elaborarase un informe a presentar na segunda metade do ano coas propostas concretas a todos os niveis da sociedade, buscando a implicación de todos os axentes e colectivos.
Partir do presente pero con máis datos
Aínda que este proceso non pretende facer revisionismo histórico das causas da situación actual, segundo explicaron as súas promotoras, senón buscar solucións de futuro, aproveitouse para presentar un novo informe " Competencias e usos das linguas cooficiais en España. O galego en perspectiva comparada" do Observatorio da Cultura Galega (dependente do CCG) que presenta datos comparados sobre a lingua nas comunidades bilingües do Estado. Destes datos, extraídos do INE pero sen explotación ata o de agora, segundo explicou Hakan Casares, extráense varias conclusións diferenciais entre Galicia e o resto destas outras cinco comunidades (incluíndo Navarra). A máis positiva é que Galicia sitúase como a comunidade autónoma coa maior porcentaxe de poboación competente no uso da súa lingua propia, cun 92% de poboación que entende ben o galego, un 83,6% que o le ben, un 83,1% que o fala ben e un 73,8 & que o escrebe ben. Cifras superiores incluso ás de Catalunya, país referencial en canto a linguas cooficiais. Pola contra, o estudio ven reforzar os datos xa avanzados polo IGE sobre a fenda interxeneracional en competencia lingüística. O estudo revela a singularidade da situación galega, sendo a única das comunidades onde as persoas máis novas presentan niveis de competencia e uso máis baixos ao contrario do que ocorre nos outros territorios. Esta tendencia contraria repítese tamén ao observar a relación entre o nivel de ingresos e estudios e o uso das linguas oficiais propias de cada territorio. No caso galego, ao contrario que no resto hai unha tendencia inversa entre ambos valores, resultando que é no gurpo de ingrsos máis baixos e menores niveis educativos onde máis se usa o galego, ao revés que no resto das comunidades one a maior nivel educatico máis uso das linguas propias.