O CCG redixitaliza o único documento coa voz de Castelao

Foi gravado en Bos Aires en 1941

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Fonopostal coa voz de Castelao

Fonopostal coa voz de Castelao

O único documento sonoro coñecido ata o momento coa voz de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao ten unha rechamante historia. Foi gravado en formato de 'fonopostal' en Bos Aires en 1941 e remitido a Montevideo, onde se ía estrear a obra teatral de Castelao 'Os vellos non deben de namorarse'. Ao non poder desprazarse á capital uruguaia, Castelao empregou o moderno servizo das fonopostais, que fora inaugurado na Arxentina en 1939. Na pequena gravación, pode escoitarse a Castelao como se dirixe ao público uruguaio, en castelán, falando ao redor da arte e as fronteiras políticas. En decembro de 2024, o Consello da Cultura Galega encargou unha nova dixitalización deste documento sonoro único que agora podes escoitar. A gravación está acompañada por un artigo de Xaime Estévez, membro do Arquivo Sonoro de Galicia, explicando o contexto histórico do uso das fonopostais.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Bos Aires, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia...