A Cidade da Cultura abre a súa experiencia virtual ao redor da figura de Castelao

A instalación de arte dixital 'Castelao. Mirar por Galicia' estará aberta ata o 11 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Cidade da Cultura abre a súa experiencia virtual ao redor da figura de Castelao

Onte abriu as súas portas no Museo Gaiás da Cidade da Cultura a instalación de arte dixital 'Castelao. Mirar por Galicia', unha produción dixital que combina a recreación tridimensional da figura de Castelao coa presenza audiovisual e física do seu universo biográfico, cultural e artístico. A instalación incorpora proxeccións de videomapping, a recreación da voz de Castelao falando en lingua galega a partir da gravación preservada no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, ou empregando ferramentas de intelixencia artificial para animar as fotografías. O proxecto foi dirixido por Carlos Seijo, de Máxima Estudio. A instalación estará aberta ata o 11 de xaneiro de 2026.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Intelixencia Artificial, Lingua galega, Consello da Cultura Galega...