![](imaxes/edicion/youtubeiras_2024.jpg)
Os premios que convocan a Deputación da Coruña, os concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, celébranse baixo o lema "Fachenda ao cadrado".
Youtubeiras+ rexistrou este ano a inscrición de 89 canles, fronte ás 78 do pasado ano, e repartirá 7.500 euros en premios entre as sete categorías a concurso, entre elas un Premio do Público que recibiu 5.056 votos. De todas as propostas finalistas, unicamente Prado Rúa está presente en máis dunha categoría, ao aspirar aos galardóns de Creación de Contidos e Mellor Canle de TikTok.
O xurado desta edición do certame está composto por Andrea Villa, Carlos Callón, Iago Gordillo, Mónica Valencia e Sara Varela. Unha gala no Pazo da Cultura de Narón, conducida por Meiga-i e con música do grupo De Ninghures, dará a coñecer o fallo dos galardóns o vindeiro 1 de febreiro.
Listaxe de finalistas aos Premios Youtubeiras+ 2024
CANLE DE YOUTUBE
Exécito Mekemeke
IagoRAW
O Faiado Podcast
CANLE DE TIKTOK
Sara Seco Rial
pradorua
Konachadas
CREACIÓN DE CONTIDOS
Rodri Míguez
Prado Rúa
Anxo Sánchez
REVELACIÓN
Arquivo Anab
Carlota Casal Ramos
Galiactiva
CALIDADE LINGÜÍSTICA
A Debate no Eirado
Galego para Peques
Luís do Río
REDE
OU ké!
Pablo Rodríguez Vila
Rebelico
PREMIO DO PÚBLICO
A revolución galega de 1846, de Orgullo Galego
Non máis bágoas, de Xurxo Varela
Queimas controladas, de Savia Nova