22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022

O listado de propostas que chegan á recta final amosan diversidade temática e alto nivel técnico

As mellores vintedúas propostas de canles de vídeos en galego feitas en YouTube este ano 2022 pódense ver na lista de finalistas desta sexta edición dos Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña. Este ano os galardóns puxeron o foco sobre a comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato. Para as oito categorías destes galardóns, que se fallar´n o vindeiro 28 de xaneiro de 2023, quedan agora este vintedous finalistas de entre as 74 canles da plataforma de vídeos que se chegaron a presentar, duplicando a cifra do ano anterior. A estes datos hai que lles sumar as 39 canles que foron propostas por usuarios e usuarias das redes sociais para o Premio do Público. Dende o punto de vista cualitativo, a organización e o xurado sinalan o alto nivel técnico que se rexistrou, así como a diversidade temática, o amplo rango de idades das persoas participantes e o potencial para se converteren en referentes da rede galega. Os Premios Youtubeiras repartirán este ano 7.500 euros. Cada un dos galardóns conta cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o Premio do Público, cuxa contía ascende a 500 euros. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, excepto no Premio do Público. Este galardón concédese por votación popular a través de medios dixitais e o xurado limitarase a dar fe do reconto.



Relación de finalistas coas súas canles:

1. PREMIO CANLE

Toxío: https://www.youtube.com/@toxio
Tonio Cociña Galega: https://www.youtube.com/@TonioCocinaGalega
Fica Coa Bola: https://www.youtube.com/@ficacoabola

2. PREMIO YOUTUBEIRA
Anxo Sánchez: https://www.youtube.com/@AnxoSanchez
Neeumátiko: https://www.youtube.com/c/neeumatiko
La Bisonte: https://www.youtube.com/@LaBisonte

3. PREMIO VÍDEO
'A Moura', da canle Contos de Santalla:
https://www.youtube.com/watch?v=l06mWqUkccA&ab_channel=ContosdeSantalla
'Bury your gays (Enterra aos teus homosexuais)', de Henfunk Studio
https://www.youtube.com/watch?v=I6xrtlCh4Ak&ab_channel=HenfunkStudio
'Eduardita', de Piratas sen parche
https://www.youtube.com/watch?v=yRiNWfSvcnE&ab_channel=Piratassenparche

4.YOUTUBEIRA/O REVELACIÓN
Marcos Borragueros: https://www.youtube.com/@marcosborrageros
Histérikas Histórikas: https://www.youtube.com/@histerikashistorikas8593
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia

5. PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
Media Laranxa: https://www.youtube.com/@medialaranxa8828
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia
Webserie Cóntallo a Cambados: https://www.youtube.com/@webseriecontalloacambados5419

6. PREMIO PIONEIRO
Noticia dispersas: https://www.youtube.com/@NoticiasDispersas
Gallifrey Ceive: https://www.youtube.com/@gallifreyceive
Pingado Laura Veiga: https://www.youtube.com/@pingando_gal

7 PREMIO REDES:
Proxecto R.E.D.E.S. https://www.youtube.com/@proxectoredes
A Lobeira Today: https://www.youtube.com/@aLobeiratoday
Exército Mekemeke: https://www.youtube.com/@exercitomekemeke

8. PREMIO DO PÚBLICO
'Bembibre coas Tanxugueiras', de Xabi Gómez e Sara:
https://www.youtube.com/watch?v=I7w2jtY78rI&ab_channel=XabiG%C3%B3mez
'Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño', de Orgullo Galego:
https://www.youtube.com/watch?v=wfsgyutRTyo&ab_channel=OrgulloGalego
'Eduardita', de Piratas sen parche
https://www.youtube.com/watch?v=yRiNWfSvcnE&ab_channel=Piratassenparche