O arquitecto Mauro Lomba reabre o espazo Nemonon nunha nova localización

O proxecto recupera esta iniciativa cultural pontevedresa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O arquitecto Mauro Lomba. foto: ogalego.gal / Wikipedia

O arquitecto Mauro Lomba. foto: ogalego.gal / Wikipedia

O arquitecto Mauro Lomba reabriu na praza de Ferrería o seu espazo cultural Nemonon, un singular proxecto de converxencia entre a súa actividade profesional, a cultura local e a economía da arte. No ano 2022 Lomba pechara a anterior ubicación, no edificio Vila Pilar, onde celebrara unhas trescentas actividades culturais. Agora abre na praza da Ferreiría, nun proxecto en tres prantas. A que dá á rúa é unha tenda de arte. A primeira pranta é o espazo cultural e o terceiro é o seu estudo. O proxecto comeza coa exposición fotográfica "Nubes e claros. Voar co pensamento", que presenta unha ducia de proxectos arquitectónicos de Lomba.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía

Claves

Conceptos