Coolto, o proxecto dunha axenda cultural en Internet, valeulle a Hugo Crespo Pazos facerse co premio Emprende Gaiás-Sixto Seco na modalidade de proxectos culturais en internet. POla súa banda Isabel Albela González fÃxose co galardón no ámbito de Deseño coa iniciativa Boh, menres BenjamÃn Trillo DÃaz impúxose no ámbito da xestión cultural. Os galardóns, convocados pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia pretenden premiar proxectos innovadores no ámbito da cultura. Os gañadores disporán dun ano de actividade gratuÃta no espazo de coworking da Cidade da Cultura, recibirán asesoramento para desenvolver os seus proxectos empresariais e poderán asistir ao Zinc Shower 2014, principal evento de industrias culturais e creativas do Estado.