Tres iniciativas capitaneadas por mulleres fixéronse cos V Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco, que organiza a Cidade da Cultura coa intención de favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais. Gabriela Lusquiños, que ideou plataforma de intermediación na compra-venda de arte WCube, fÃxose co galardón de Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet. O recurso para facilitar contidos curriculares de educación infantil Kandora valeulle a Inés rodrÃguez o galardón na categorÃa de Deseño, creación artÃstica e plástica, mentres o de Xestión Cultural foi para Tamara RodrÃguez pola súa proposta Soundslikemarket, que facilita o contacto entre profesionais do sector musical par a produción e difusión de eventos.
Por vez primeira, a gala de entrega serviu tamén para coñecer os proxectos premiados que lles reportarán ás súas creadoras 2.000 euros en metálico e a participación de balde no espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura durante un ano, onde recibirán apoio e asesoramento cun programa de titorización personalizado. O xurado do galardón escolleu os gañadores entre 30 proxectos que se presentaron ao certame.