Cultura convoca a segunda edición dos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’

O premio consiste no alugueiro de oficina, asesoramento e unha viaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cultura convoca a segunda edición dos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, concurso de ideas e proxectos innovadores "co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia". A convocatoria ten tres modalidades: : aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño e na área da xestión cultural. O prazo de presentación de candidaturas e proxectos remata o 31 de agosto.

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Internet, Cidade da Cultura de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais