Dous proxectos fanse cos IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Trátase dunha aplicación para comercio local e unha empresa de tortas impresas en 3D

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Só dous proxectos foron seleccionados como gañadores dos IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que promoven a Fundación Cidade da Cultura, co patrocinio de ABANCA e Afundación e a colaboración do Igape. Nesta ocasión,entre as vinte propostas innovadoras no campo das industrias culturais que se presentaron ao certame, o xurado seleccionou na categoría de aplicacións I’m a local. Este proxecto pretende dar a coñecer "os produtos de artesáns, iniciativas locais e pequenos produtores". Alexandra Touza e Sonia Márquez son as promotoras desta iniciativa que "ademais de visibilizar o pequeno comercio pretende poñelo en contacto con turistas que queren coñecer novos destinos desde outro punto de vista".

O outro vencedor, entre os vinte proxectos presentados, é Cake Artist, de Daniel Pérez, que se impuxo na área de deseño e creación artística e plástica no ámbito cultural. Esta iniciativa emprega técnicas de impresión 3D en repostería a integrar creación artística coa gastronomía. O xurado deixou deserto o premio na categoría de xestión cultural. Os galardóns están dotados con 2.000 euros en metálico e un espazo gratuíto no Coworking da Cidade da Cultura durante un ano.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Abanca, Igape, Afundación...