Coñécense os gañadores do III Emprende Gaiás-Sixto Seco

Consumo colaborativo, produtos infantís e consultoría son as áreas recoñecidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Cidade da Cultura daba a coñecer esta mañá os resultados dos III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que convoca anualmente para promover ideas innovadoras nas industrias culturais. Desta volta impuxéronse os proxectos Nuevos Mozarts_Conectam, unha plataforma de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais; Cucuducho, unha liña de produtos infantís vinculados ao deseño, e mais Kolectiv, unha consultoría especializada en innovación e cultura. Cada unha das iniciativas recibirá 2.000 euros en metálico e poderán incorporarse de balde durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento do Gaiás.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Lugares