Os VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas recaeron nunha iniciativa para dar visibilidade á loita pola igualdade de xénero e dous proxectos que actualizan, a través do deseño e da tecnoloxÃa, elementos tradicionais da cultura galega. Boina Galega, Gaita galega MIDI e Minervas Voice, son os nomes deste proxectos vencedores. Os galardóns, que impulsa a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, entregáronse onte no Museo Centro Gaiás. Cada proxecto galardoado recibirá un premio en metálico –3.000 euros para cada modalidade, que se repartirá por igual no caso dos dous vencedores da categorÃa tecnolóxica– e a posibilidade de incorporarse de maneira gratuÃta e durante un ano ao coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
A artesá Sandra Vilas é a promotora de Boina Galega, idea que resultou vencedora na modalidade de proxectos relacionados co deseño, a xestión cultural e a creación artÃstica e plástica. Vilas pretende a reinterpretación dos modelos tradicionais desta prenda como obxecto “culturalmente simbólico” e quere facer unha adaptación ao século XXI, non só en deseño senón en todos os pasos desde a elección de materiais e modernizando a produción.
Na outra modalidade a concurso, a de proxectos en internet e desenvolvemento de aplicacións informáticas no sector cultural, o xurado decidiu outorgar dous premios en igualdade a Gaita Galega MIDI e a Minervas Voice. O primeiro é unha idea do músico e enxeñeiro informático lugués Alejo PacÃn Jul, que quere fabricar a primeira gaita electrónica, baseada en software e hardware libre, que ofreza unha simulación, o máis fiel posible, do son da gaita galega. Alejo PacÃn conta para o seu fin coa colaboración de Luis Latas Vilanova, artesán gaiteiro, e Pepe Vaamonde Manteiga, gaiteiro profesional de recoñecido prestixio.
Por outro lado, Minervas Voice é unha plataforma web de contidos que reúne información, investigación, documentación e producións audiovisuais que promovan a igualdade de xénero e a exemplaridade daquelas mulleres consideradas inspiradoras ao longo da historia. O proxecto contempla tamén a realización de experiencias de realidade aumentada para introducir ao usuario na historia das mulleres. Detrás de Minervas Voice están MarÃa Ignacia Cevallos, produtora audiovisual fundadora de Zenit Televisión, e un equipo de profesionais con formación en innovación e xestión empresarial, publicidade, enxeñerÃa informática e finanzas.