Dúas iniciativas para emprender do eido da música foron recoñecidas nos VII Premios Emprende Gaiás – Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas. Un dos proxectos premiados é unha innovación en termos de deseño de produto –neste caso aplicada ao campo da fabricación de guitarras eléctricas–, e outro unha app móbil especializada, enfocada en dar visibilidade á música feita en Galicia e ás bandas locais. Os galardóns, que impulsa a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, entregáronse onte da Cidade da Cultura. Cada proxecto galardoado recibe un premio en metálico –3.000 euros para cada modalidade– e a posibilidade de incorporarse de balde e durante un ano ao coworking do Centro de Emprendemento Creativo da Cidade da Cultura beneficiándose dun programa de titorÃa personalizado que lles servirá de guÃa para transformar as súas ideas en empresas sostibles e competitivas..
Unha app para a música feita en Galicia
O proxecto GMusic, para o desenvolvemento dunha app móbil especializada en música feita en Galicia, foi o elixido como vencedor na modalidade A do certame, destinada a premiar proxectos en internet e aplicacións informáticas do sector cultural. Co principal obxectivo da difusión e posta en valor da diversidade da escena musical da nosa Comunidade, GMusic pretende aproveitar a dimensión estético-emocional da música para conectar cos oÃntes, a través dunha app especializada que leve directamente ao teléfono móbil as bandas emerxentes e abra unha nova fiestra á interacción co usuario a través de tres tipos principais de contidos: radio online, podcast e concertos retransmitidos en live streaming.
O proxecto está promovido por Germán Cacheda de Paz, en colaboración con Xavier Facal. Ambos son técnicos superiores de son e traballan na Radio Galega como técnicos de control de radio. Xavier Facal é licenciado polo Conservatorio Superior da Coruña en Piano-jazz, mestrado en educación secundaria na especialidade de música e posgrao en sistemas de audio e sonorización. Desde 2017 é ademais director do programa de Radio Galega Música Notas de Jazz.
Innovación en guitarras eléctricas
No caso da modalidade B do certame, destinada a premiar ideas emprendedoras no campo do deseño, a xestión cultural ou a creación artÃstica e plástica, o xurado escolleu a proposta do enxeñeiro en deseño industrial e desenvolvemento de produto MartÃn Gómez DomÃnguez, centrada na creación dunha guitarra eléctrica innovadora no seu deseño e prestacións.
A diferencia das guitarras acústicas, que contan cunha caixa e resonancia, as guitarras eléctricas empregan pastillas, pequenos micrófonos que se encargan de recoller o son das cordas para transportalo ata o amplificador e reproducilo a un maior volume. No mercado existen diferentes tipos de pastilla que darán á guitarra unha ou outra tonalidade. Neste proxecto desenvólvese unha guitarra modular que posibilita cambiar a pastilla (que sempre está fixa noutras guitarras), en cuestión de segundos e poder movela en calquera posición sen cambiar as cordas ou desafinar. Lógrase asà unha variedade de sons e combinacións, dótase de versatilidade o instrumento e permite ao músico elixir entre case o 95% das pastillas existentes no mercado.