WOS Festival esgota abonos co cartel completo

O festival de música electrónica de vangarda comeza a oitava edición o vindeiro día 11

  • Tras un ano de pausa o WOS Festival X SON Estrella Galicia regresa coa súa oitava edición entre os vindeiros 11 e 14 des setembro a Santiago de Compostela. O festival referente no ámbito da música electrónica e de vangarda que trae a Galicia a a...

O filme 'San Simón' estrearase no Festival de San Sebastián

A película recolle o destino das persoas que foron apresadas na illa durante a ditadura

  • A sección 'Made in Spain' do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián acollerá a estrea da longametraxe 'San Simón' de Miguel A. Delgado o vindeiro mes de setembro. ' San Simón' narra a historia deste campo de concentración que se fund...

A pintura do falecido Mauro Leivas pode verse no Museo de Lugo

A exposición estaba xa a prepararse antes do pasamento do artista mindoniense

  • O Museo Provincial de Lugo acolle estes días e ata o vindeiro 30 de setembro a exposición ‘Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras’ con obras do artista recentemente falecido Mauro Leivas (Mondoñedo, 1955-2025). Leivas foi un artista comprometido, pr...

Titiriberia celebra dez anos de monicreques en Rianxo

O festival ofrecerá seis estreas de producións galegas

  • Titiriberia, o festival de monicreques tradicionais que se celebra cada verán en Rianxo, chega este ano á súa 10ª edición cun programa que do 12 ao 17 de agosto ofrecerá unha trintena de actuacións a cargo de 19 compañías procedentes de dife...

A Xunta licita por un millón o proxecto e obras do Teatro Cine Fraga

César Portela será o encargado de rematar os traballos xa iniciados por el

  • A Xunta de Galicia ven de licitar por 1 millón de euros (IVE incluído) a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección das obras do Teatro Cine Fraga de Vigo. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Jo...

A escavación de Tralocastro amosa unha rúa pavimentada de catro metros

A terceira campaña está a delimitar tamén outras estruturas deste importante xacemento

  • A terceira campaña de escavacións no Castro de Esmelle, tamén coñecido como Tralocastro, comezou o pasado 14 de xullo, da man da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto co Concello de Fe...

O Álbum de Galicia inclúe aos poetas Faustino Rey e Baldomero Isorna

Débeselles o inicio das representacións do desembarco viquingo de Catoira en 1962

  • Dende hoxe o Álbum de Galicia, a colección en liña de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora as entradas do sacerdote Faustino Rey Romero (Rianxo, 1921 – Bos Aires, 1971) e do xurista Baldomero Isorna Casal (Catoira, 1916 –...

A Casa Cornide poderá visitarse os luns

Os herdeiros do ditador Franco cumprirán coa Lei de Patrimonio tras ser multados

  • ...tada para tal fin, os descendentes do ditador Francisco Franco propietarios do inmoble, compren coa lei de patrimonio que obriga a dar acceso limitado aos BIC, cando menos catro días ao mes. Este movemento chega tras múltiples advertencias e un proce...

O Museo Massó abre as súas novas salas

A Xunta investiu 1,4 millóns de euros na ampliación do centro de Bueu, que duplica o seu espazo expositivo

  • Coa visita do conselleiro de Cultura, Xesús López, o Museo Massó de Bueu inauguraba este 29 de xullo a ampliación do seu espazo expositivo. O investimento de 1,4 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia permitiu rehabilitar dous andares do...

Premio do Público da MIT para 'Reconversión'

A montaxe de Ibuprofeno Teatro reconstrúe a historia do sector naval de Vigo

  • O público da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia destacou nos seus votos á montaxe 'Reconversión', da compañía Ibuprofeno Teatro como a súa favorita. O espectáculo recibe así o Premio do Público desta 41 edición do evento, seg...

Xunta e RAG propoñen cambiar 2.352 nomes de concellos, parroquias e lugares

Son as conclusións da actualización de traballos do Nomenclátor de 2003

  • Xunta e Real Academia Galega estiman cambiar a denominación de 14 concellos, 183 parroquias e 2335 lugares. Así o sinalou o conselleiro de Cultura, José López Campos, na presentación das conclusións da actualización do Nomenclator oficial de G...

Miguel Leiro gaña o Premio Nacional de Deseño

O xurado recoñéceo como expoñente e exemplo da nova xeración de deseñadores

  • O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ven de conceder o Premio Nacional de Deseño 2025, na modalidade Xoves Profesionais a Miguel Leiro Fernández-Cuesta. O xurado ve nel "expoñente e exemplo dunha extraordinaria xeración de deseña...

Xabier Díaz e Luz Casal estarán no Festival intercéltico de Lorient

A representación galega complétase coa gaiteira Lucía Comesaña e as formacións Herba Grileira e O Fiadeiro

  • A 54ª edición do festival Intercéltico de Lorient, que terá lugar na localidade bretoa entre o 1 e o 10 de agosto, inclúe no seu programa a artista convidados representando as diversas nacións celtas. No caso de Galicia a organización inclúe ...

Moito máis que unha porta

A nova campaña no castro de Montes Claros desvela inxentes traballos na construción do sistema de acceso

  • A nova campaña arqueolóxica do castro de Montes Claros (A Laracha) xa leva tres ampliacións das sondaxes ao longo de todo este tempo. Puri Soto, directora da intervención, tenta aclarar a complexidade das estruturas que van aparecendo nunha área...

A Xunta amplía o alcance do plan de intervencións arqueolóxicas

A partida para escavacións e postas en valor incrementouse nun millón de euros

  • A Xunta investirá este ano 1,5 millóns de euros en 81 accións en xacementos, de acordo co Plan de actuacións arqueolóxicas. Serán investimentos destinados "ao acondicionamento, conservación, investigación, catalogación e divulgación dos nos...

A cuarta edición do festival Abanea de danza chegará a cinco concellos

Do 16 ao 20 de xullo visitará Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova con espectáculos de nove compañías

  • O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova co ap...

A Asociación Axuntar recorrerá ante o Tribunal Supremo o uso do termo 'eonaviego' na lexislación asturiana

O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias rexeitara unha demanda da entidade

  • ...ua propia do occidente da comunidade autónoma e que mesmo colocou o termo oficial e recoñecido pola lei, o galego-asturiano, en segundo lugar. Axuntar define ao eonaviego como "invención que non só non ten respaldo xurídico senón que tampouco ten ace...

Curtocircuíto pecha con premios para Berio Molina e Frederico Lobo

A vixésimo segunda edición repartiu o seu palmarés tras seis días de cinema e actividades

  • O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela clausurou a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) puxo fin a seis días de cinema, ...

O Outono Lírico de Vigo programará a ópera Werther de Massenet

O festival desenvolveranse entre setembro e outubro

  • O Festival Outono Lírico de Vigo ofrecerá o 8 de novembro a ópera Werther, de Jules Massenet. Así se deu a coñecer tras da sinatura do convenio entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociació...

Ismael Ramos faise coa I Residencia Deleite Literario

O autor pasará o mes de xullo na Coruña a traballar no seu vindeiro poemario

  • A Residencia Literaria 1863, na Coruña, acolle desde este 1 de xullo o poeta Ismael Ramos. O autor fíxose coa I Residencia Deleite Literario, que convocou esta marca alimentar para autoras e autores na nosa lingua. Ramos pasará o mes de xullo dedi...