Ismael Ramos faise coa I Residencia Deleite Literario

O autor pasará o mes de xullo na Coruña a traballar no seu vindeiro poemario

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ismael Ramos faise coa I Residencia Deleite Literario

A Residencia Literaria 1863, na Coruña, acolle desde este 1 de xullo o poeta Ismael Ramos. O autor fíxose coa I Residencia Deleite Literario, que convocou esta marca alimentar para autoras e autores na nosa lingua. Ramos pasará o mes de xullo dedicado á creación dun novo poemario, para o que contará ademais cunha dotación económica de 3.000 euros.

O xurado que seleccionou o gañador desta iniciativa estivo composto Berta Dávila, Alba Cid e Jesús Castro Yáñez. No fallo destacaron "a coherencia e o rigor do proxecto presentado, que entrelaza a linguaxe da natureza coa memoria oral do territorio, ao tempo que reflexiona sobre os mecanismos de espolio que o ameazan". A convocatoria está coorganizada coa propia Residencia 1863.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

1863: Residir no internacional

1863: Residir no internacional

O proxecto de residencia literaria de Yolanda Castaño combina a creación coa proxección exterior da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ismael Ramos, A Coruña, Alba Cid, Berta Dávila...