A Asociación Axuntar recorrerá ante o Tribunal Supremo o uso do termo 'eonaviego' na lexislación asturiana

O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias rexeitara unha demanda da entidade

A Asociación Axuntar 'asociación prá normalización del galego de Asturias' anunciou que presentará un recurso de casación no Tribunal Supremo ante o fallo desvalorable á súa petición que tivo o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias á súa petición de eliminar o termo 'eonaviego' dun decreto oficial da Junta de Asturias. O asunto comezou cando o goberno da Junta publicou o Decreto 24/2024 polo que estableceu a estrutura orgánica da Consejería de Cultura e no artigo 2.1 no que definía as funcións da subdirección xeral de Política Lingüística indicaba que a competencia do departamento era "promover, desarrollar y evaluar las políticas públicas a llevar a cabo en el ámbito de la llingua asturiana y el eonaviego". Axuntar recorreu ante os tribunais esta denominación, xa que se empregaba este termo "eonaviego" no canto do oficial "galego-asturiano" e con posteriorudade a esta acción, a Junta modificou o decreto en novembro do 2024 reformulando a frase do seguinte xeito: "en el ámbito de la llingua asturiana y el eonaviego o gallego-asturiano". O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias considerou na sentencia que "existía unha perda sobrevida do obxecto recorrido", é dicir, que xa non existía o decreto que motivara a demanda, e na sentencia non valora o uso dun termo ou doutro. Axuntar sinalou o paradoxo de que a modificación do decreto non eliminou o termo 'eonaviego' co que a Academia de la Llingua Asturiana definiu á outra lingua propia do occidente da comunidade autónoma e que mesmo colocou o termo oficial e recoñecido pola lei, o galego-asturiano, en segundo lugar. Axuntar define ao eonaviego como "invención que non só non ten respaldo xurídico senón que tampouco ten aceptación entre a poboación", así que recorrerá perante o Tribunal Supremo. Axuntar considera que o uso do termo 'eonaviego' ten o "o único que pretende é eliminar cualquera relación coa adscrición al tronco galego-portugués del galego de Asturias".