
Miguel Leiro, fillo do escultor Francisco Leiro, é deseñador industrial. Formouse no Pratt Institute de Nova York e conta cunha ampla experiencia internacional. Leiro destacada polo seu enfoque experimental e multidisciplinar, grazas a unha combinación da investigación material e conceptual coa creación de obxectos e espazos que dialogan coa historia, a antropoloxÃa e a cultura contemporánea. Profesionalmente traballou en estudios de referencia e desenvolveu proxectos como Civitá, na Real Academia de España en Roma, onde integrou saberes artesanais e académicos na produción de pezas únicas. A súa meirande achega ao ecosistema do deseño español, segundo o xurado, é a fundación e dirección da asociación cultural Office of Design e da bienal Mayrit, unha plataforma que, desde 2020, abriu espazos creativos a novos talentos e propostas arriscadas, conectando a deseñadores independentes con institucións, medios de comunicación e público internacional.