Non teñen relación entre si, pero son os responsables das marcas, os gráficos e as imaxes que vemos nas rúas, nos libros e nas webs do país. Adícanse a debuxar novas formas e cores na prensa, na animación interactiva e o deseño web, creando unha nova xeración de talentosos deseñadores galegos que coinciden no mesmo: no país hai moito talento e pouco mercado. Autodidactas, Raúl Marinho, Víctor Rivas e Álvaro Valiño explícannos a súa traxectoria, na que nunca realizarán, como di Víctor Rivas: o logo dun taller no que as letras teñan que ser as rodas.
O movemento bravú tivera por emblema a frase do cantante e escritor Xurxo Souto: temos a forza de tronzar o Universo. Hoxe, tres deseñadores con temperamento posterior a 1965 encárganse de crear as novas marcas e apariencias da sociedade actual e séntense con forzas para abordar os proxectos máis grandes. Quixemos coñecer o pedigrí e a visión da nova xeración de creativos do deseño comercial do país. Unha primeira definición xeral para os apresurados: a súa formación é maiormente autodidacta e aproveitan ao máximo as novas tecnoloxías para coñecer a outros deseñadores, gañar clientes e crear os seus proxectos. Son moi pesimistas con respecto á cultura visual e do deseño que hai na actualidade en Galicia pero cren no talento persoal e potencial das novas xeracións de deseñadores. Xa traballan todos directamente sobre a pantalla, aproveitando as posibilidades do deseño dixital con vectores. Traballan boa parte do seu tempo en solitario e non se poñen límites. Ningún deles deixan de animar aos novos que se queiran meter á aventura. E as súas referencias no deseño xa son puramente internacionais: dende os debuxantes franco-belgas dos anos 40 e 50 (Víctor Rivas) ao deseño postmodernista de Jamie Reid (Raúl Marinho) ou o pop-art, a psicodelia e o tecno de Álvaro Valiño.
...e imos de presentacións
No ano 2000, un rapaz novo con coleta, Raúl Marinho, (Pontevedra, 1977), guindaba dende o alto do Arco de Mazarelos a única porta da antiga muralla de Santiago que queda en pé- dous foguetes de pirotecnia e se encargaba, columpiándose, do aparatoso atrezzo da apertura da porta de cartón que el e os outros dous traballadores de Dinaweb Networks instalaran para promocionar o lanzamento do seu produto estrela, o portal U-lo.com. Era a posta en escea desta nova compañía de Internet que hoxe en día supera os vinte traballadores e da que Raúl é director de arte. Antes, este deseñador pasara por diferentes empregos que alternaban a súa formación autodidacta cun fugaz paso polo FP de deseño e Artes Gráficas de Pontevedra e o contacto con diferentes estados de precariedade laboral. Influencia na súa formación: dende traballar nunha imprenta na que aprender de software ata na división en Internet dunha empresa comercial ou nunha compañía de deseño de CDs interactivos. A nivel visual: Dentro do deseño postmodernista, case todas as correntes, dende Jamie Reid, Terry Jones, Peter Miles, Warren Lehrer, Dan Friedman ou o o inmenso e increible Tibor Kalman.
Raúl prefire, sobre todas as cousas, o deseño sobre superficie electrónica, en concreto, no deseño web: principalmente porque a liberdade que dá traballar sen especificacións nim requerimentos é un incentivo á hora de desenvolver conceptos creativos. Na actualidade, Raúl Marinho está a traballar no deseño da imaxe corporativa dunha nova empresa adicada ao gas natural e no redeseño da identidade gráfica da súa compañía. Xunto co seu traballo de nómina a final de mes, Raúl é webmaster dun conhecido portal adicado a falar do que non falan no resto dos medios e na actualidade estou na etapa paritoria do que pretendo que sexa um estudo da propaganda política (ás veces de guerra), na historia moderna de Galicia.
O tipo de barba que aparece no videoxogo
Nun dos primeiros videoxogos producidos en Galicia, O misterio das 7 pezas (Imaxín Software, 2001) aparece un tipo de barba e camiseta. É Víctor Rivas, o responsable de deseño deste software, un vigués do 1965 que aínda hoxe vive na cidade e na que exerce como deseñador freelance. Nesa ilustración tamén integraba como personaxes a outros membros do equipo de produción xunto con algunhas das súas referencias visuais preferidas, como Tintín, establecendo un curioso tecido de referencias privadas. Víctor é autodidacta no deseño: fun aprendendo todo o que sei a base de ver bos profesionais e de traballar eu mesmo. Rivas xogou a tres bandas dende os anos 90, compaxinando ilustración, deseño e banda deseñada en función das necesidades do mercado. Neses anos formou tándem cun dos máis brillantes guionistas galegos Carlos Portela, que agora rematou o guión dunha posible nova longa de culto, O ano da carracha-, preparando historias para Atlántico Diario e El País de las Tentaciones. A ilustración veulle da man de editoriais como Xerais e Obradoiro e freelanceou para moita xente.
Hai sete anos comezou a orientar o seu traballo na produción multimedia sendo un dos primeiros profesionais do país en introducirse na nova tecnoloxía de animación vectorial, Macromedia Flash, de aquela en pleno furor no mundiño Internet. O coñecemento do programa cambioulle o xeito de traballar ata o feito de hoxe en día mudar case totalmente o papel pola nova pizarra electrónica: Atopei a miña combinación favorita: lápiz+escaner+mac+tableta (wacom)+Flash. Hoxe en día, Víctor retomou o mundo da ilustración para abordar novos proxectos en ilustración de libros e na publicación de, cando menos, un álbum de cómic ao ano.
Infografista urbano
No ano 2001, un deseñador de La Voz de Galicia chamado Álvaro Valiño (A Coruña, 1977) deambulaba polo vestíbulo do Auditorio Winthertur de Barcelona durante a celebración do principal evento creativo de animación interactiva, o OFFF. Un traballo seu fora seleccionado na sección videoclips cunha animación baseada nun tema dos Beatles: Tomorrow never knows. Foi alí onde soubemos deste infografista que se logo se convertiu, no 2002, no primeiro deseñador dun medio galego en obter o prestixioso premio internacional Award of Excellence que outorga a SND (Society of Newspaper Design) por un infográfico sobre crimes non resoltos. Álvaro Valiño, en moitos casos facendo tándem co mozo xornalista David Beriain levantou algúns dos mellores infográficos da prensa galega dos últimos anos. Álvaro combina o seu traballo na prensa cos proxectos libres no soporte electrónico: polas posibilidades que permite conxugando moitas linguaxes diferentes, o audio, a animación, a gráfica... e rematou agora o deseño do cd dunha banda de rock coruñesa, Guru Deva, e está metido de cheo deseñándolles a web. Álvaro é especialmente pluridisciplinar e está a explorar para o futuro próximo os formatos máis cool, moitas veces en colaboración con creadores, artistas e músicos do sector máis avangarda urbana da Coruña: quero meterme no eido do arte urbano, as video proxeccións e traballar máis con audio. A música é un referente moi presente na miña obra. O imaxinario de Álvaro son o PopArt, psicodelia, Tecno, Collages... e ultimamente está a pegarlle duro tamén á fotografía creativa.
O Ing e o Iang
Os tres coinciden en que existen moitas dificultades para o deseño en Galicia. Víctor Rivas destaca a pouca acollida nesta sociedade que teñen os creativos e os seus traballos, creo que Galicia, en xeneral ten mal gusto, e é o gusto o que condiciona o noso traballo. Resúmese na típica frase: Qué sorte que debuxas e aínda por riba te pagan. Esa deficiencia por parte do cliente tamén a atopa Álvaro Valiño, que resume nun excesivo conservadurismo da sociedade no seu conxunto: A desinformación do cliente e empresario. A escasa inversión en imaxe. O recelo a innovar, o desinterese xeral da sociedade. Para Raúl Marinho, a clave resúme nunha metáfora de touros e vacas: vacas hoxe en Galicia hai moi poucas, pero si que hai un exceso de touros a mamar continuamente dos tetos das poucas que fican con vida...habería oportunidades se vivisemos nun país normal, pero isto non é así, e mentres continúe a situación cos parámetros actuais, é moi difícil para nós, as vacas, mantermos con vida.
Nun colectivo que emprega de xeito tan intenso as novas tecnoloxías o mercado exterior é, moitas veces, tan importante coma o interior. Víctor recomenda algunhas prevencións: Hai oportunidades pero hai que gañalas a pulso, o mercado se fai téndolle respeto a nosa profesión e non tirando precios, a experiencia me di que é mellor non facer un traballo ou facelo gratis que cobrar pouco. O que te valores é o que te valora o mercado.. Álvaro xa vén formando parte de comunidades de deseñadores a través das redes: Hai mais oportunidades fora, xente coa que sacar adiante proxectos, e aprender deles. A verdade e que gracias a Internet teño lazos profesionais e amistosos cun feixe de xente do mundo gráfico cos que poder colaborar. Raúl: desgraciadamente tes que dirixir o teu target cara outras xeografías, nas que importa a túa personalidade e non a quen votas ou a quen lle lambes o cú.
...pero aínda así, ánimo
Esta visión pesimista das oportunidades laborais non busca desanimar aos novos que chegan. Pedímoslle consello aos tres por se estás interesado/a en comezar no deseño gráfico. Raul: Traballo, loita e resistencia. Quen resiste vence, que ninguén teña a dúbida. Álvaro: Que o faga. Se hai talento, creo que hai oportunidades. Víctor achega unha reflexión máis veterana: que o faga, e que invirta en tempo e cartos na súa profesión, que se valore na xusta medida e que aprenda dos colegas. Aínda nos quedan un par de xeneracións de creativos ata a normalización das nosas profesións, creo.

Galería: Os seus últimos traballos
Raúl Marinho (Pontevedra, 1977), está a preparar a súa web persoal, raulmarinho.com, da que aquí podemos ver unha mostra.
Galería: Os seus últimos traballos
Víctor Rivas (Vigo, 1968) centra a súa actividade nos últimos tempos na ilustración para libro impreso e na creación de álbums de banda deseñada.
Galería: Os seus últimos traballos
Álvaro Valiño (A Coruña, 1977) rematou o deseño de "After all", o novo álbum do grupo de rock coruñés Guru Deva.