Cada luns, de 9:00 a 13:00 e durante unha hora por quenda, poderá visitarse a Casa Cornide na Coruña, declarada Ben de Interese Cultural (BIC). Deste xeito, a través dunha páxina web habilitada para tal fin, os descendentes do ditador Francisco Franco propietarios do inmoble, compren coa lei de patrimonio que obriga a dar acceso limitado aos BIC, cando menos catro dÃas ao mes. Este movemento chega tras múltiples advertencias e un procedemento sancionador con multa de 3.000 euros por parte da Xunta de Galicia á familia Franco por no facilitar este acceso desde a declaración BIC do inmoble no ano 2023 aducindo que se trataba dun domicilio particular, punto que quedou desbotado con informes da administración. Ata 5 persoas por grupo poderán acceder nese horario durante unha hora ao inmoble, nun percorrido no que non está permitida a toma de imaxes, vÃdeos ou son dentro da casa.
En paralelo o Concello da Coruña segue mantendo a súa intención de avanzar legalmente cara a recuperación do inmoble para titularidade municipal, seguindo os pasos dados no caso do Pazo de Meirás para probar que a adquisición por parte do ditador e a súa familia foi irregular e non legal. Nese sentido aprobouse no Pleno local en setembro de 2019 unha moción do grupo municipal do BNG para iniciar accións legais de cara a recuperar a titularidade da Casa Cornide. O consistorio iniciou unha revisión de oficio dos dous acordos municipais do verán de 1962 que levaron a que o inmoble de propiedade municipal fose vendido ao empresario Pedro Barrié de la Maza, persoa moi achegada ao réxime, que de xeito inmediato o vendeu á esposa do ditador, Carmen Polo. O concello solicitou tamén unha revisión de oficio por parte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e do Ministerio de Facenda para esclarecer a conformidade coa lei vixente nese momento da desafección do palacete como ben de dominio público asà como do acto administrativo da permuta pola que o Barrié de la Maza se fixo con el.
A Casa Cornide é un edificio nobre de estilo tardobarroco, cosmopolita e francés, sen apenas precedentes en Galicia en que viviu José Cornide en varios perÃodos, como herdeiro da propiedade onde dedicou un inxente e prolÃfico labor investigador, ata a súa marcha a Madrid en 1789 para dedicarse de pleno á Real Academia da Historia. Desde entón, ao longo de 250 anos de historia, pasou por sucesivos posuidores ata Pedro Barrié de la Maza e Carmen Polo. Na orixe, a casa foi concibida como mansión señorial e representativa. Ao longo dos seus máis de dous séculos e medio de historia, a edificación foi obxecto de diferentes usos, entre os que destacan usos públicos e culturais, se ben no último medio século, a casa retomou a función residencial.