A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o inicio do procedemento para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a Casa Cornide, na Coruña, da que son propietarios a familia do ditador Francisco Franco, o que supón a súa protección inmediata e integral ao inmoble e de forma cautelar e preventiva ás partes integrantes e pertenzas ata que se teña acceso ao seu interior e se poda completar a súa valoración. Esta incoación do procedemento conta cos informes favorables das tres institucións consultadas na tramitación: o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade da Coruña. A incoación do expediente supón aplicar de forma inmediata e provisoria -ata a súa aprobación definitiva nun prazo máximo de dous anos seguindo a lexislación- a protección integral a todo o edificio situado na rúa Damas número 25 da cidade da Coruña. O Concello da Cpruña xa anunciou e deu os primeiros pasos para reclamar a titularidade municipal do inmoble á familia Franco por vía xudicial.
A Casa Cornide é un edificio nobre de estilo tardobarroco, cosmopolita e francés, sen apenas precedentes en Galicia no que viviu José Cornide en varios períodos, como herdeiro da propiedade onde dedicou unha inxente e prolífica labor investigadora, ata a súa marcha a Madrid en 1789 para dedicarse de pleno á Real Academia da Historia. Nesta Casa Cornide acumularía grande parte da súa biblioteca e desenvolvería parte das súas investigacións cargos públicos e académicos. Desde entón pasou por sucesivos posuidores como Pedro Barrié de la Maza ata a Familia Franco. Como se indica no expediente, a documentación elaborada para o estudo do valor cultural do interior non puido completarse cunha información recente, pero realizouse a partir da información, documentación, fotografías e hemeroteca que se incorpora e analiza no estudo promovido polo Concello da Coruña. En virtude da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, o expediente especifica que todos estes elementos tamén quedan provisionalmente protexidos á espera de poder acceder ao interior e completar ou reducir esa protección.
Valores históricos e arquitectónicos
Á hora de valorar como Ben de Interese Cultural a Casa Cornide considérase como un monumento de carácter sobranceiro e exemplo da arquitectura residencial da época da Ilustración en Galicia, que ademais está relacionado coa residencia dunha das máis destacadas personalidades en Galicia e en España do Século das Luces, o polígrafo coruñés José Andrés Cornide Folgueira e Saavedra. Tamén se ten en conta que ocupa un lugar de relevancia e moi significativo da Cidade Vella da Coruña, preferente e de gran significación ao presidir, coa igrexa de Santa María del Campo, o adro da Colexiata.
Considérase a casa dos Cornide como símbolo do poder señorial que reúne valores históricos e arquitectónicos e sobresae pola súa singularidade ao fusionar certo carácter militar, os seus elementos barrocos e o seu carácter cosmopolita propio da arquitectura da primeira Ilustración. Fálase tamén da súa excepcionalidade artística no contexto arquitectónico coruñés e mesmo no galego e valórase que se sitúe nun lugar privilexiado dentro do contexto urbano da Cidade Vella da Coruña, preferente e de gran significación. Ao mesmo tempo, tense en conta esta posición predominante que se acentúa pola súa proximidade a outros edificios de carácter representativo: o vello edificio das Casas Consistoriais, o Palacio da Audiencia, a praza do convento das Bárbaras, a igrexa conventual de Santo Domingo e o antigo palacio dos marqueses de Montaos.
Elementos singulares
Entre os seus elementos singulares destacan a reixaría que recolle a influenza de modelos galos e completan o significado estético da fachada coa súa presencia en todos os ocos, reforzando así a importancia da casa. As carpinterías, xanelas e escudo tamén son valorados de xeito explícito no expediente. No caso concreto deste último trátase dun escudo señorial orlado que presenta as armas dos Cornide. Segundo apuntan os informes da incoación , na actualidade o estado xeral de conservación do edificio é bo, con pequenas alteracións en puntos concretos e relacionados con patoloxías puntuais que están profusamente documentadas nos informes elaborados polo Concello da Coruña, que así mesmo recollen recomendacións para a súa conservación, análises e documentación gráfica sobre o monumento.
A Xunta incide en que o feito de non ter acceso ao interior da vivenda impide facer unha valoración completa do estado de conservación actual do inmoble, mais aló do que se evidencia desde o exterior, que permanece sen grandes cambios aparentes en relación á súa última reforma, segundo se recolle na documentación descritiva achegada polo Concello da Coruña. Por iso, para completar e precisar o alcance da protección e definir os espazos e sistemas construtivos á totalidade dos bens existentes no interior que constitúen xunto a este unha unidade singular, durante o procedemento de declaración de ben de interese cultural, o persoal técnico designado pola da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deberá acceder ao seu interior para a súa completa documentación e determinar a súa relación co monumento e os seus valores culturais.