A Casa Cornide é un edificio nobre de estilo tardobarroco, cosmopolita e francés, sen apenas precedentes en Galicia en que viviu José Cornide en varios perÃodos, como herdeiro da propiedade onde dedicou un inxente e prolÃfico labor investigador, ata a súa marcha a Madrid en 1789 para dedicarse de pleno á Real Academia da Historia. Desde entón, ao longo de 250 anos de historia, pasou por sucesivos posuidores ata Pedro Barrié de la Maza e Carmen Polo. Na orixe, a casa foi concibida como mansión señorial e representativa. Ao longo dos seus máis de dous séculos e medio de historia, a edificación foi obxecto de diferentes usos, entre os que destacan usos públicos e culturais, se ben no último medio século, a casa retomou a función residencial. Nos informes e ditames dos órganos consultivos destácase a incorporación aos diferentes usos públicos, en especial o uso como centro cultural e cine durante a primeira metade do século XX, como relevantes para a consideración e apreciación das comunidades locais da súa importancia e interese.
O Decreto considera este inmoble como un monumento que sobresae arquitectonicamente pola súa singularidade ao fusionar certo carácter militar definido pola robustez do seu aspecto pétreo, os seus elementos barrocos propios e o seu carácter cosmopolita da arquitectura da primeira Ilustración. Un exemplo moi escaso da arquitectura da Ilustración Valórase tamén que se sitúe nun lugar privilexiado dentro do contexto urbano da Cidade Vella da Coruña, preferente e de gran significación. Ao mesmo tempo, tense en conta esta posición predominante que se acentúa pola súa proximidade a outros edificios de carácter representativo: o vello edificio das Casas Consistoriais, o Palacio da Audiencia, a praza do convento das Bárbaras, a igrexa conventual de Santo Domingo e o antigo palacio dos marqueses de Montaos. Considérase, ademais, un exemplo moi escaso da arquitectura residencial deseñada e construÃda na época da Ilustración en Galicia, cunha gran calidade construtiva e de deseño e un grado moi alto de integridade nas súas estruturas e formalización. Esta declaración permite recoñecer o valor cultural, protexer un patrimonio especial e garantir o seu legado aos galegos do futuro. Tamén supón a aplicación do réxime de protección previsto na Lei de patrimonio cultural de Galicia que implica a súa protección e tutela coa intención de garantir os valores que aconsellan a súa conservación. En setembro de 2019 o pleno do Concello da Coruña aprobou unha moción do grupo municipal do BNG para iniciar accións legais de cara a recuperar a titularidade da Casa Cornide, pero esta vÃa xudicial aÃnda non se iniciou. Colectivos sociais e partidos polÃticos instan á súa recuperación como inmoble público e poñen en cuestión o xeito de adquisición do inmoble por parte da esposa do ditador.