Ante o anuncio feito a primeiros de mes pola Fundación Francisco Franco da cancelación de visitas ao Pazo de Meirás a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vén de concluÃr o expediente sancionador aberto aos propietarios do BIC, e decidir poñerlles unha multa de 4.500 euros. A sanción, que non chega ao máximo de 6.000 euros que marca a lei, chega tras constatar problemas na xestión das visitas ao Ben de Interese Cultural (BIC) por parte da entidade que a familia propietaria do Pazo puxo a xestionar o mantemento e visitas do lugar. O resultado do procedemento foille comunicado xa aos interesados, que agora dispoñen de quince dÃas para presentar as alegacións que consideren oportunas. Como todos os BIC, o seu réxime de protección e acceso está regulado na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que no seu artigo 48 recolle: "As persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre os bens de interese cultural especificamente declarados permitirán a súa visita pública gratuÃta un número mÃnimo de catro dÃas ao mes durante, polo menos, catro horas ao dÃa".
Por outro lado o Bloque Nacionalista Galego segue a manter un perfil moi activo nas reivindicacións de devolución patrimonial sobre a familia do ditador. Nun acto organizado pola formación polÃtica nacionalista o pasado xoves diante do Museo da Catedral de Santiago no que se expón a mostra adicada ao Mestre Mateo e que acolle dúas esculturas do Pórtico da Gloria de propiedade da familia Franco, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reclamou a devolución das figuras de Abraham e Isaac ao patrimonio galego. A portavoz nacionalista anunciou que o BNG rexistrará iniciativas no Parlamento galego e no Concello de Santiago de Compostela para que as dúas figuras retornen ao patrimonio galego. A vicepresidenta da Deputación da Coruña e concelleira do BNG no concello de Santiago, Goretti SanmartÃn explicou que as dúas tallas do Mestre Mateo foron mercadas no ano 1948 polo concello e por valor de 60.000 pesetas coa intención de que non saÃran nunca do termo municipal de Compostela, como principal condición na venda. En 1961 as figuras aparecen como propiedade da familia Franco. Neste sentido, anunciou que a proposta do BNG para a devolución incluirá tamén a posta en marcha dunha investigación do que aconteceu para que as figuras chegasen á familia Franco.