A inacción da familia do ditador Francisco Franco á hora de cumprir co réxime de apertura ao público obrigatorio da Casa de Cornide como Ben de Interese Cultural de Galicia, levou á ConsellerÃa de Cultura a impoñerlles unha sanción de 3.000 euros. A declaración BIC do inmoble efectuada pola Xunta en abril de 2023 implica que os posuidores permitan a súa visita pública gratuÃta un número mÃnimo de catro dÃas ao mes durante, polo menos, catro horas ao dÃa, que serán definidos previamente, segundo indica a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
Segundo explican medios locais como o xornal La Opinión, a Xunta iniciou este procedemento de sanción aos propietarios do inmoble ao non efectuarse estas aperturas e tras varios meses de comunicacións cruzadas cos herdeiros do ditador e existindo ata dous requirimentos por parte da Valedora do Pobo á Xunta dun informe sobre a imposibilidade de abrir a visitas a casa Cornide. A Valedora actuou tras unha queixa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña. A sanción, que pode recorrerse nun prazo de quince dÃas, ten carácter leve e a súa contÃa pode aumentar en caso de impago ou reincidencia. Durante este tempo a familia Franco pretendeu a imposibilidade destas visitas públicas aducindo que se trataba dun domicilio particular, extremo que non apoiaron os inspectores da administración. O Concello da Coruña, pola súa banda, mantén a súa intención de facer reverter a propiedade do inmoble ao patrimonio público pola vÃa administrativa ou xudicial.