Segundo o artigo 48 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, "As persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre os bens de interese cultural especificamente declarados permitirán a súa visita pública gratuÃta un número mÃnimo de catro dÃas ao mes durante, polo menos, catro horas ao dÃa". A concellerÃa de Turismo do Concello de Sada deu traslado á Xunta das súas queixas formais sobre as dificultades de visita do Pazo de Meirás, catalogado coma Ben de Interese Cultural, o que motivou á administración autonómica a abrir un expediente e comezar as dilixencias informativas contra a familia Franco. O xornal Praza.gal recolle información sobre os atrancos para conseguir contactar cos responsables do pazo de cara a unha visita. Xa no ano 2017 a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural impuxo aos propietarios unha multa de 4.500 euros por estes mesmos motivos, outros expedientes anteriores a esas datas e polas mesmas razóns foran finalmente arquivados. Nesta ocasión, segundo informa o Praza.gal, o Concello de Sada lembra á Xunta a agravante de reincidencia neste caso, de probarse os feitos, que poderÃa elevar a sanción ata os 6.000 euros. A titularidade do Pazo de Meirás está a ser reclamada desde o ámbito público nun proceso apoiado por todas as administracións e coa unanimidade dos partidos do Parlamento galego.