Cultura sanciona a familia Franco por non permitir a inspección do Pazo de Meirás

Multa en Meirás

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Finalmente os membros da familia Franco impedíronlle aos inspectores da xunta entrar no Pazo de Meirás. A raíz disto, a Consellaría de Cultura decidiu abrir un expediente sancionador que pode dar nunha multa de ata sesenta mil euros. Cultura anunciou ademais que recorrerá á vía xudicial coa intención de conseguir permiso para a inspección, xa que o pazo é un ben cultural inventariado e é obrigatorio que os seus propietarios permitan visitas técnicas para comprobar a súa conservación.

Máis información en web da consellaría; en Vieiros; en Galicia Hoxe; o noso tema sobre as obrigas dos particulares cara ao seu patrimonio cultural

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Vieiros, Galicia Hoxe, Culturagalega