Cultura inicia o trámite xudicial para entrar no pazo de Meirás

Por vía xudicial

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Consellaría de Cultura e Deporte acaba de solicitar formalmente o amparo da Xustiza para que os seus técnicos poidan acceder ao pazo de Meirás, despois de que os propietarios lle denegasen o acceso o pasado trinta de agosto. Como o pazo está incluído no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural, Cultura pode acceder a comprobar o estado dos bens tal e como figura na lei de patrimonio. Se despois de acceder ao edificio, Cultura considera que reúne as condicións para ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC), presentarían un proxecto de declaración que incluiría, ademais dunha exposición dos motivos, o nivel de protección do pazo e do seu contorno.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Lei de Patrimonio, Ben de Interese Cultural