Un auto do Tribunal Superior permítelle aos técnicos da Xunta entrar en Meirás

Meirás, por decreto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A familia Franco primeiro dixo que non había problema pero, á hora da verdade, impediu o acceso dos técnicos da Consellaría de Cultura ao Pazo de Meirás. Despois, alegou que apelaba á “inviolabilidade do domicilio” cando Cultura iniciou o trámite xudicial para poder comprobar o estado do pazo e o seu contorno. Pero a Sección 2 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de resolver que “o interese público prima sobre o privado” e permite o acceso, pendente aínda de se fechar unha data para a visita.

Máis información en El Correo Gallego, en El País, en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Culturagalega...