Os técnicos da Xunta entran no Pazo de Meirás para comprobar o seu estado de conservación

Agora si

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Despois dun ano intentándoo e cunha resolución xudicial que o autoriza, un equipo da Consellaría de Cultura entrou esta mañá no Pazo de Meirás. Unha arquitecta, unha historiadora e un arqueólogo comprobarán o estado de conservación do edificio e a partir de aí establecerán se é posible catalogar este complexo como Ben de Interese Cultural (BIC), unha figura de protección que establece controis sobre o seu estado de conservación, sancións no caso de incumprirse e mesmo pode estipular a apertura do recinto ao público catro días ao mes.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Ben de Interese Cultural, Arqueoloxía