A ConsellarÃa de Cultura inicia hoxe o proceso administrativo para declarar o Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC) na categorÃa de monumento. Unha decisión á que chega despois de examinar a documentación bibliográfica e históricas recollida por técnicos da consellarÃa nunha visita realizada o 17 de abril. A declaración suporá un réxime de protección para o monumento, asà como a obrigatoriedade de abrir o edificio catro dÃas ao mes.
O procedemento pasa por diferente fases despois de asinar a Resolución de inicio. Nun primeiro momento a Dirección Xeral de Patrimonio pedirá opinión a tres organismo consultivos (Universidade de Santiago, ao Consello da Cultura Galega e á Real Academia Nuestra Señora do Rosario). A partir de aÃ, publicará no DOG un anuncio que abre un perÃodo de información pública dun mes. Un prazo no que os interesados (a familia Francos, os propietarios da construcción ou calquera persoa) poden examinar o expediente e interpor as alegacións que estimen oportunas. Unha vez resoltas ábrese o perÃodo de incoación para a declaración do Pazo como BIC. Un procedemento que desde a ConsellarÃa de Cultura pretenden que esté resolto a finais de 2008, aÃnda que o prazo máximo neste tipo de supostos ten unha duración máxima de 20 meses.