Iníciase o procedemento para declarar BIC o Castro de Viladonga

Nos vindeiros meses outros 19 castros recibirán este grado de protección

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os castros de Elviña, do concello da Coruña, e o de Santa Tegra, no da Guarda, son os únicos que gozan da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) a día de hoxe. Pero iso cambiará nos vindeiros días. A Consellaría de Cultura acaba de anunciar o inicio do procedemento para outorgarlle a esta figura de protección ao do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo). Este paso chega despois de que os técnicos de Cultura recolleran a documentación bibliográfica e histórica, ademais de analizar os valores históricos e culturais do monumento necesarios para ser declarado BIC. O Castro de Viladonga é o primeiro dunha serie 19 Castros aos que a Consellaría de Cultura lles pretende outorgar o máximo grado de protección patrimonial.

Os outros castros para os que Consellería xa está a preparar os expedientes son: Punta dos Prados (Ortigueira), Castro da Cidá de Borneiro (Cabana de Bergantiños), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro de Neixón (Boiro), Castro Lupario (Rois/Brión), Castro de Fazouro (Foz), Castro de Santa María do Castro (Cervantes), Castromaior (Portomarín), Castro de Vilar e Castro da Torre (Folgoso do Caurel), Castro de San Cibrao de Las (San Amaro/Punxín), Castro e vila romana de Santomé (Ourense), Castromao (Celanova), Coto do Mosteiro (O Carballiño), Castro de Saceda e Castro de San Millán (Cualedro), Facho de Donón (Cangas), Castro de Troña (Ponteareas) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

culturagalegaTV: Viladonga

O Museo de Viladonga amosa aos seus visitantes unha reconstrución virtual deste afamado castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Ben de Interese Cultural, Concello da Coruña, Elviña...