A Consellaría de Cultura abre un novo expediente polas visitas ao Pazo de Meirás

A familia Franco non permitía as visitas obrigatorias a este Ben de Interese Cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A negativa da familia Franco para facilitar as visitas ao Pazo de Meirás levou á Consellaría de Cultura a abrirlle un novo expediente sancionador. Logo de tentar contactar cos propietarios repetidamente, a Dirección Xeral de Patrimonio anunciou onte o inicio dun proceso sancionador que lles pode supor unha multa de entre 300 e 6.000 euros. O acordo suscrito pola familia Franco establece horarios de visita todos os venres, pero hai meses que non era posible reservar cita ao non existir o número facilitado para este proceso. A Consellaría xa iniciara un expediente hai uns anos pola mesma causa.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Ben de Interese Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio